Máis dunha trintena de lonxas recibirán unhas 10.000 máscaras

A entrega realizarase nos próximos días a través de Gardacostas
Pescado para subastar en una lonja. AEP
photo_camera Peixe para subastar nunha lonxa. AEP

A Xunta repartirá unhas 10.000 máscaras de protección fronte ao covid-19 entre máis dunha trintena de lonxas asentadas nos portos de titularidade autonómica e que manteñen a súa actividade a pesar da declaración do estado de alarma.

A repartición, que se realizará nos próximos días a través de Gardacostas, realizarase en función dos seus volumes de actividade e como entidades necesarias para a subministración de produtos de alimentación de calidade, indicou a Consellería do Mar.

Na provicia da Coruña, entregaranse a Ribeira, Cedeira, Portosín, Camariñas, Malpica, Porto do Son, Laxe, Muxía, Fisterra, Rianxo, Corcubión, Aguiño, Ferrol, Carnota, Cariño, Camelle, Barallobre e Espasante.

Doutra banda, en Lugo, serás as de Burela e Celeiro, mentres que en Pontevedra repartiranse a Portonovo, Cambados, O Grove, A Illa de Arousa, Bueu, Cangas, Vilanova de Arousa, A Guarda, Redondela, Campelo, Moaña, Carril e á Cooperativa Ría de Arousa.

Comentarios