Feijóo reafirma o seu compromiso con Galicia no Debate sobre o Estado da Autonomía

O presidente da Xunta recorda a Gerardo Fernández Albor

Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. LAVANDEIRA JR. (EFE)
photo_camera Feijóo, no Debate sobre o Estado da Autonomía. LAVANDEIRA JR. (EFE)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, arrincou o seu discurso no debate de política xeral con referencias ao primeiro Parlamento e ao modelo autonómico no que "estaba todo por facer". "Galicia é unha autonomía consolidada", subliñou o mandatario autonómico, quen reivindicou a Transición, tanto a española como a galega.

No que constitúe o segundo Debate sobre o estado da autonomía da X Lexislatura, Feijóo quixo dedicar as súas primeiras palabras tamén ao primeiro presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor, que faleceu o pasado mes de xullo. "Para min é un orgullo estar no lugar que ocupou Gerardo Fernández Albor", incidiu.

"Hoxe celebramos este debate aquí, nunha Galicia con cada vez máis autogoberno, cada vez máis prestacións públicas, é a proba de que o seu soño se cumpriu, que o seu traballo valeu a pena", sinalou.

Ademais, o presidente autonómico defendeu que, desde que el é presidente, pasaron once portavoces parlamentarios e contrapuxo o seu compromiso con ser "militante de Galicia". "Dixen que non había maior honra que defender a Galicia, e reitéroo. Estou aquí, en Galicia, si, por coherencia e cumprimento do meu compromiso", salientou.

Antes de comezar o seu discurso o presidente da Xunta, tomou posesión na Cámara a deputada do PP Rosa Oubiña Solla, que prometeu o seu cargo.

Comentarios