martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

Feridas dúas persoas ao saírse da vía o seu vehículo en Vilagarcía de Arousa

Ambulancia do 061. ARQUIVO
Ambulancia do 061. ARQUIVO

O accidente produciuse á altura dunha gasolineira, na vía que une Catoira e Carril

Dúas persoas resultaron feridas despois de saír da vía co seu vehículo na estrada PO-548, ao seu paso por Vilagarcía de Arousa, e tiveron que ser excarceradas. 

Segundo os datos achegados polo 112 Galicia, ás 18.30 horas da tarde un particular deu a voz de alerta aos servizos de urxencias por un turismo que se saíu da estrada e no que podía haber persoas atrapadas. 

Nada mais recibir o aviso, o 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilagarcía e dos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración da Policía Local e Servizo Municipal de Urxencias da localidade. 

En concreto, o accidente produciuse á altura dunha gasolineira, na vía que une Catoira e Carril. Tras chegar a ese punto, os membros servizos de urxencia tiveron que excarcerar aos dous ocupantes, a través da porta do copiloto. 

Así, confirmaron ao 112 Galicia que as dúas persoas foron finalmente liberadas e trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. 

Feridas dúas persoas ao saírse da vía o seu vehículo en Vilagarcía...
Comentarios