Ferido un home nun monte de Mondariz tras caerlle unha árbore sobre as pernas

Foi a nai do propio afectado quen chamou á central de urxencias pedindo axuda

Un home resultou ferido este sábado en Mondariz tras caerlle unha árbore sobre as súas pernas cando se atopaba no monte, na zona de Toutón. Segundo información do 112 Galicia, foi a nai do propio afectado quen chamou á central de urxencias sobre as 14.15 horas para indicar que lle caera unha árbore encima e que estaba ferido, pero non atrapado. 

Con estes datos, o 112 avisou a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros de Ponteareas, aos do Baixo Miño, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da Mancomunidade Oitavén-Tea. 

Unha vez no punto, a persoa foi liberada sen que fose necesaria a intervención dos bombeiros, tal e como indicaban os efectivos de Protección Civil. Tras iso, o persoal sanitario do 061 encargouse do traslado do ferido ata o centro hospitalario de referencia. 

Comentarios