Un ferido en Sanxenxo tras caer co seu parapente ao mar

Medios despregados en Sanxenxo para atender ao ferido. EMERXENCIAS SANXENXO
photo_camera Medios despregados en Sanxenxo para atender ao ferido. EMERXENCIAS SANXENXO

Unha persoa resultou ferida na tarde deste martes na praia de Silgar mentres practicaba parascending, unha actividade acuática no que os pasaxeiros van suxeitos a un paracaídas que á súa vez vai atado a unha lancha motora que tira deles.

O accidente ocorreu ao redor do sete da tarde cando unha das cordas que suxeitaba o paracaídas á lancha rompeu. A consecuencia disto, o pasaxeiro precipitouse ao mar e enrolouse na tea do paracaídas.

A pesar do aparatoso do accidente, esta persoa permaneceu consciente en todo momento.

No momento do accidente a embarcación da empresa responsable desta actividade trasladou ata o porto aos feridos e chamou á ambulancia. Xa en terra Emerxencias Sanxenxo encargáronse de coordinar a aterraxe do helicóptero para atender ao ferido.

Desde o lugar dos feitos o accidentado foi trasladado en helicóptero ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. 

Ata o lugar trasladáronse efectivos da Policía Local, Garda Civil e Emerxencias Sanxenxo así como o persoal sanitario do helicóptero e a ambulancia.