lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Fernán Vello será o número un dos comúns por Lugo

Fernán Vello, en el Congreso. ARCHIVO
Fernán Vello, no Congreso. ARQUIVO
O escritor ocupará o posto reservado para Anova e para o que soara Martiño Noriega, que irá de tres por A Coruña

O escritor Miguel Anxo Fernán Vello será o número un da candidatura de Galicia en Común-Anova-Mareas para as eleccións autonómicas do 5 de abril, mentres que o exalcalde de Santiago Martiño Noriega, que aparecía nas quinielas para ocupar ese posto, irá finalmente de tres por A Coruña.

A decisión aínda debe ser ratificada nas próximas horas pola alianza. No acordo que alcanzaron o pasado venres Podemos, Anova e algunas das mareas municipais como Compostela Aberta ou Marea Atlántica, o número un por Lugo reservábase para a formación fundada por Xosé Manuel Beiras. E será Fernán Vello quen ocupe ese posto de saída.

O poeta e editor de Cospeito, de 61 anos, xa encabezara a candidatura de En Marea ao Congreso nas xerais de 2015, nas que saíra elixido deputado por Lugo.

Fernán Vello será o número un dos comúns por Lugo
Comentarios