martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Finaliza a limpeza da pintada da fachada da Catedral

Una de las pintadas de la Catedral de Santiago. PEPE FERRÍN (AGN)
Una de las pintadas de la Catedral de Santiago. PEPE FERRÍN (AGN)

Foi un traballo "manual e minucioso" e para realizalo estudouse a fórmula menos "agresiva" coa pedra ►O labor correu a cargo da Fundación Catedral, que non cifrou aínda o custo

Os traballos de limpeza da pintada que apareceu o pasado 12 de marzo na fachada principal da Catedral concluíron este mércores e xa se pode ver a zona destapada na Praza do Obradoiro, mentres que os operarios realizan agora a actuación no arco de palacio. 

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Fundación Catedral, os traballos correron a cargo desta entidade, que asumiu cos seus operarios e o seu orzamento a limpeza, cuxo custo aínda non souberon cifrar, posto que falta aínda finalizar os demais traballos. 

Foi un traballo "manual e minucioso" e para realizalo estudouse a fórmula menos "agresiva" coa pedra, nunha zona que estaba prevista rehabilitar e que aínda faltaba por facer. Os traballos centraranse a hora no arco de palacio, onde tamén apareceron varias pintadas. 

Despois do novo ataque vandálico ao patrimonio eclesiástico, que se suma á pintada nunha das estatuas da fachada de Praterías no verán de 2018, o Arcebispado volveu pedir mellorar a vixilancia con cámaras intelixentes. 

O Concello compostelán abriuse a mellorar a actual vixilancia, pero descartou que a solución pase por instalar unha cámara en cada monumento e chama á concienciación social sobre o patrimonio. 

Pola súa banda, en días pasados o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asegurou que a Xunta estuda onde colocar cámaras na contorna da Catedral de Santiago para protexer o patrimonio e "disuadir a aqueles desalmados que queiran atentar" contra o mesmo. 
 

Finaliza a limpeza da pintada da fachada da Catedral
Comentarios