A Fiscalía investiga a entrega de máscaras defectuosas en Galicia

Mantéñense abertas dilixencias en oito residencias galegas
Un hombre con mascarilla pasa ante un mural de Rosalía de Castro en Ourense. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Un home con máscara. BRAIS LORENZO (EFE)

A Fiscalía Superior de Galicia abriu dilixencias pola entrega de máscaras defectuosas en Pontevedra e Lugo, tras a denuncia dun sindicato de profesionais sanitarios. 

Pola súa banda, a Fiscalía mantén abertas seis dilixencias sobre oito residencias de maiores pola xestión do coronavirus, a mesma cifra que as dúas semanas anteriores. 

En concreto, na Coruña investíganse catro residencias, un delas pola denuncia dun particular e as outras tres por mor dunha comunicación dunha asociación de familiares. 

Pola súa banda, na provincia de Ourense abríronse dilixencias en catro residencias (segundo transcendeu, unha é Nuestra Señora de la Esperanza). 

A Fiscalía Xeral aínda inclúe nos datos trasladados este martes un procedemento xudicial aberto nun xulgado de Cangas, aínda que xa foi arquivado o pasado 21 de abril porque, segundo a maxistrada, non había indicios suficientes da perpetración de delito" e non había concreción nos feitos denunciados. 

Por outra banda, a Fiscalía galega tamén iniciou dilixencias por unha denuncia por malos tratos nunha residencia en A Fonsagrada, e que arquivou porque xa está xudicializada. 

Ademais, figuran como arquivadas varias dilixencias penais, entre elas unha denuncia xenérica interposta por Vox sobre a situación das residencias galegas, así como outras tamén de carácter xenérico. 

Comentarios