jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Fomento admite a súa "discordancia" e corrixirá El Grove, Sangenjo e Bayona

La diputada Alexandra Fernández. AEP
La diputada Alexandra Fernández. AEP

O Ministerio reacciona así á petición da deputada de En Marea Alexandra Fernández, que reclamou o uso dos topónimos oficiais

O Ministerio de Fomento corrixirá os nomes das capitanías marítimas que non se corresponden coa toponimia oficial de Galicia e reporá, así, a normativa lingüística. Trátase de Bayona, El Grove, Sangenjo, Lage, A Guardia, El Ferrol, Puebla do Caramiñal, Santa Eugenia de Ribeira e Isla de la Toja, como se pode observar na páxina web oficial. 

Nunha resposta parlamentaria á deputada de En Marea Alexandra Fernández, con data do 24 de xaneiro e recollida por Europa Press, Fomento admitiu que existe unha "discordancia" entre a denominación dalgunhas das capitanías marítimas galegas e a que aparece no anexo do real decreto 638/2007, de 18 de maio, no que se regulan. 

"En consecuencia, iniciáronse os trámites para que exista unha plena correspondencia cos nomes oficiais", apunta o Ministerio de Fomento nesa mesma resposta á deputada, que denunciou a "falta de respecto absoluto ás normas establecidas en materia lingüística". 

Así, Alexandra Fernández reclamou a Fomento que use os topónimos oficiais: Laxe, Ferrol, Baiona, A Guarda, Santa Uxía de Ribeira, Pobra do Caramiñal, O Grove, Illa da Toxa e Sanxenxo. Na iniciativa, a parlamentaria tamén recomendaba enviar o nomenclátor oficial a todos "os organismos do ministerio, co obxectivo de evitar a deformación da toponimia oficial" de Galicia. 

"Non é de recibo que a estas alturas sigan usándose formas toponímicas totalmente desterradas e propias doutros tempos como El Ferrol", apuntou a parlamentaria. 

Fomento admite a súa "discordancia" e corrixirá El Grove, Sangenjo...
Comentarios