domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Os funcionarios que participan na folga de xustiza cobraron 400 euros menos de media

Manifestación de funcionarios de Xustiza en Ferrol coa participación do portavoz de En Marea, Luis Villares. KIKO DELGADO (EFE)
Manifestación de funcionarios de Xustiza en Ferrol coa participación do portavoz de En Marea, Luis Villares. KIKO DELGADO (EFE)

Os sindicatos advirten que a Administración pode recaudar cada día "máis de 100.000 euros" 

Funcionarios que participan na folga indefinida da xustiza en Galicia, que se iniciou o pasado 7 de febreiro e cumpre este martes 15 xornadas efectivas, empezaron a recibir as nóminas cos primeiros descontos a raíz do paro.

A media do desconto, segundo concretou Manuel Díaz (UXT), en nome do comité de folga, que se reuniu este martes co alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), rolda os 400 euros "de media".

"Descontouse o 25 de xaneiro e, en función da provincia, nalgúns casos cinco días e outros seis, polos festivos de Entroido", detallou o representante sindical. E é que, en función do corpo ao que pertenzan (auxilios, tramitadores ou xestores) e dos trienios que teñan, os traballadores que fan folga perden por día entre 60 e 80 euros.

"É ben triste que o que se nos desconta é máis diñeiro do que pedimos", esgrimiu.

RECADACIÓN DA ADMINISTRACIÓN. Fontes sindicais consultadas por Europa Press incidiron no que a Administración pode chegar a "recadar" por cada día de folga. "Poden ser máis de 100.000 euros por xornada, que, por certo transfírelle o Estado a maior parte", esgrimen.

Nunha entrevista concedida a Europa Press o pasado fin de semana, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ratificou que os descontos se ían a aplicar porque "a lei está para cumprila".

Rueda advertiu tamén que se os sindicatos cren que a Administración "está a recadar moito, é tan fácil como deixar a folga".

Tamén remarcou que, se os sindicatos suxiren aos traballadores que se poderán "recuperar economicamente" a través de horas extra para axilizar o traballo aprazado, este "non é a formulación da Administración en ningún caso".

Os funcionarios que participan na folga de xustiza cobraron 400...
Comentarios