El tiempo
lunes. 03.10.2022
El tiempo

Galicia, por baixo dos 2,7 millóns de habitantes tras perder 3.800 en seis meses

O saldo vexetativo –nacementos menos mortes– no primeiro semestre de 2018 situouse en -9.135 persoas. AEP

A sangría demográfica non cesa

Galicia perdeu 3.850 habitantes no primeiro semestre de 2018, ao pasar dos 2.703.149 cidadáns a 1 de xaneiro de 2018 a 2.699.299 a 1 de xullo deste ano, o que sitúa o crecemento poboacional en negativo, ao reducirse nun -0,14%. 

Así o reflicte a publicación de Cifras de Poboación (CP) a 1 de xullo de 2018 e a Estatística de Migracións (EM) con datos provisionais do semestre de 2018 feitos públicos este xoves polo Instituto Nacional de Estadística (Ine). 
En concreto, segundo os datos publicados polo Ine, recollidos por Europa Press, o saldo vexetativo –nacementos menos mortes– no primeiro semestre de 2018 situouse en -9.135 persoas en Galicia. 

Pola súa banda, segundo os datos provisionais publicados este xoves polo Ine, o saldo migratorio exterior situouse en 5.481 persoas, o que sitúa a Galicia como a sexta comunidade, e o migratorio interior, en -138.

DATOS ESTATAIS. En total, a poboación de España aumentou en 74.591 persoas durante a primeira metade do ano e situouse en 46.733.038 habitantes polo que se consolida así o crecemento de poboación iniciado no segundo semestre de 2015 debido, principalmente, ao aumento de estranxeiros, segundo se desprende dos datos provisionais das cifras de poboación correspondentes a 1 de xullo de 2018, publicadas este 13 de decembro polo Ine. 

Estes datos continúan a tendencia que reflectía o Padrón Continuo en España a 1 de xaneiro de 2018, que contaba con 46.698.569 habitantes, o que supuña un incremento de poboación en España de 126.437 persoas máis (un 0,3%), o segundo aumento consecutivo rexistrado que se producía, nese caso, polo aumento de estranxeiros, que subían por primeira vez en sete anos, desde 2011.

Galicia, por baixo dos 2,7 millóns de habitantes tras perder 3.800...
Comentarios