Galicia contabiliza 363 vítimas mortais polo coronavirus

Entrada principal del hospital Lucus Augusti (Hula). AEP
photo_camera Entrada principal del hospital Lucus Augusti (Hula). AEP

A pandemia de Covid-19 cobrouse en Galicia ata agora a vida de 363 persoas, sumados os datos de complexos médicos e os das residencias de maiores, tamén as integradas.

Os últimos decesos, segundo informa a Consellería de Sanidade, corresponden a unha muller de 64 anos ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti, un home de 86 na clínica La Rosaleda de Santiago e un home de 82 no Vithas Fátima de Vigo. O tres tiñan patoloxías previas, segundo a mesma fonte.

O Servizo Galego de Saúde ten a disposición da cidadanía a páxina web coronavirus.sergas.gal, na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

A Consellería de Sanidade pide á cidadanía que empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Ademais, incide nas medidas de autoprotección e hixiene para tentar deter os contaxios, como o lavado frecuente de mans, especialmente despois de tusir ou soarse. Tamén hai que cubrirse o nariz e a boca cun pano ao tusir ou esbirrar, e se non se dispón de pano, facelo na cara interna do cóbado.

É preciso, ademais, evitar tocarse os ollos, o nariz e a boca.

Comentarios