Galicia rexistra 249 novos contaxios en 24 horas e alcanza os 4.175 infectados

O número de falecidos é de 659, tras o falecemento de tres mulleres en Lugo este sábado
Una trabajadora de la residencia de O Incio. XESÚS PONTE
photo_camera Una trabajadora de la residencia de O Incio. XESÚS PONTE

En Galicia detectáronse 249 novos positivos por coronavirus nas últimas 24 horas, de modo que o total de casos activos incrementouse en 38, ata situarse en 4.175, de acordo cos datos deste domingo do Sergas, tomados na tarde do sábado. 

O último parte recolle que se curaron na comunidade galega un total de 13.649 persoas, que son 211 máis das que constaban o sábado. 

O número de mortos é 661, tras informarse este domingo de outros dous falecidos: unha muller de 89 anos e un home de 88, ambos ingresados no Hula e con patoloxías previas.

Por áreas sanitarias, a de A Coruña mantense como a que rexistra un maior número de casos activos, con 1.424. No entanto, é a única na que se rexistra un descenso, posto que son 22 menos que este sábado. En Lugo, onde o número de pacientes que están a pasar actualmente a infección é de 810, a cifra sobe en seis con respecto ao sábado. 

No caso de Santiago, o incremento é de 11 casos activos, ata un total de 688; mentres que en Ourense alcánzanse os 429 --12 máis--; en Vigo son 344 --sete máis--; en Pontevedra sitúanse en 323 --15 máis, a subida máis acusada entre as áreas--; e en Ferrol soben ata 157 --nove máis--. 

Os datos facilitados pola Xunta sinalan que se realizaron un total de 363.957 probas PCR na Comunidade ata o momento, cifra que supera en 4.902 a deste sábado. 

Comentarios