lunes. 18.10.2021 |
El tiempo
lunes. 18.10.2021
El tiempo

Galicia rexistra unha participación do 58,87%, unha caída de case cinco puntos respecto de 2016

2020071209302836358
2020071209302836500
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, agradeceu a participación dos cidadáns e a todos "os que traballaron para que esta xornada transcorrese con normalidade"

Galicia rexistrou, co 97,93 por cento escrutado, unha participación do 58,87 por cento nas eleccións ao Parlamento deste domingo, unha cifra que está 4,88 puntos por baixo da rexistrada nos anteriores comicios, celebrados en setembro de 2016 e que pecharon as urnas cun 63,75 por cento, sen contar o voto dos emigrantes. 

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, compareceu pouco logo das 22,00 horas para dar os resultados electorais co escrutinio ao 87,14 por cento. Nese momento o gañador era PP, con 42 escanos; seguido do BNG, con 19 escanos e do PSdeG, con 14. O resto de forzas políticas non lograron representación na Cámara galega. 

Villanueva agradeceu a participación dos cidadáns e a todos "os que traballaron para que esta xornada transcorrese con normalidade", pese ao contexto sanitario no que se desenvolveu. 

Tras sumar o voto do Censo de Residentes Ausentes (CERA) a participación situouse nas eleccións autonómicas de 2016 no 53,63 por cento. 

Finalmente os colexios pecharon con menos papeletas que hai catro anos

En total, este domingo estaban chamados ás urnas 2.234.252 galegos. O censo total ascendía a 2.697.315 persoas, das cales 463.163 son residentes no estranxeiro. 

A participación, que subira máis de catro puntos no primeiro avance de datos dado este domingo, ás 12.00 horas, situouse en niveis similares a hai catro anos coas cifras dos votantes que acudiran ás urnas ás 17.00 horas. Finalmente os colexios pecharon con menos papeletas que hai catro anos. 

En concreto, co 97,93 por cento escrutado, os votos depositados ascendían a 1.288.556, aos que haberá que sumar as papeletas da CERA. Para esta cita electoral só 12.359 electores rexistrados no estranxeiro solicitaron o voto, unha cifra que é practicamente a metade que na cita autonómica de 2016 e que é a máis baixa de todo este século. 

Galicia rexistra unha participación do 58,87%, unha caída de case...
Comentarios