O estudo do Sergas revela unha porcentaxe de positivos "moi pequena" polo momento

Realizáronse un total de 22.471 probas no marco do test epidemiolóxico

Un sanitario toma unha mostra de sangue para realizar un test na Estrada. SXENICK (EFE)
photo_camera Un sanitario toma unha mostra de sangue para realizar un test na Estrada. SXENICK (EFE)
O Servizo Galego de Saúde xa realizou un total de 22.471 test no marco do estudo epidemiolóxico para coñecer a incidencia do Covid-19 en Galicia, segundo informaron fontes do Goberno autonómico.

O estudo epidemiolóxico galego, que se iniciou a semana pasada, polo momento revelou un porcentaxe de positivos "moi pequeno", segundo admitiu este mércores o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Con todo, non se darán a coñecer os datos do estudo ata que o mesmo finalice coa realización de todos o test que, na primeira fase, ascenderán a máis de 50.000 probas.

Con todo, o presidente galego si sinalou que de ratificarse a baixa incidencia do virus en Galicia, é dicir, que circulou pouco" pola comunidade, podería supor un problema de "rebrote" da Covid-19.

A baixa incidencia do virus en Galicia "foi unha excelente noticia para evitar centenares de mortos" pero podería converterse “nunha noticia preocupante a medio ou longo prazo" ao poder supor un "rebrote" porque a poboación non estaría inmunizada ante o virus. 

Comentarios