A Garda Civil busca unha muller de 68 anos na Estrada

Foi a irmá desta veciña, que reside no centro da vila, a que alertou á Benemérita de que a sesaxenaria non regresara a casa.
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP
Foto de arquivo dun membro da Garda Civil. EP


Axentes da Garda Civil tratan de localizar unha estradense de 68 anos que falta da súa vivenda desde o pasado xoves. Foi a irmá desta veciña, que reside no centro da vila, a que alertou á Benemérita de que a sesaxenaria non regresara a casa.

Por iso, a Garda Civil puxo en marcha un operativo de procura pola localidade para dar co seu paradoiro. Con todo, advertiu de que non é a primeira vez que a muller se marcha de casa polo seu propio pé e tarda días en regresar.