A Garda Civil rescata unha londra na Illa de Arousa

Estaba atrapada nun maceteiro dunha antiga caseta de mariñeiros no Cantiño
A nutria rescatada na Illa. SEPRONA
photo_camera A londra rescatada na Illa. SEPRONA

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil rescatou unha londra que se atopaba atrapada nunha caseta de mariñeiros na Illa de Arousa.

A operación de rescate levada a cabo á primeira hora da mañá deste domingo por efectivos da Patrulla do Seprona de Vilagarcía de Arousa, iniciouse por mor dunha alerta cidadá recibida a través do Tlf.062 do COC (Centro Operativo Complexo) da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, informando de que unha londra atopábase acazapada nun maceteiro en entrada dunha antiga caseta de mariñeiros no lugar do Cantiño, na Illa.

As manobras de rescate tivéronse que realizar valéndose dunha rede para evitar causar danos, tanto ao animal como aos propios axentes. Desta forma a Patrulla do Seprona fíxose cargo do animal que llo entregaron a un empregado do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Cerdedo, onde recibirá as atencións necesarias para restablecerse dunha lixeira ferida que tiña nunha pata, antes de ser restablecido ao seu hábitat natural.