O Goberno: "Se hai descontos nas peaxes da AP-9, hai que indemnizar a Audasa"

O debate sobre o traspaso da autoestrada está en tramitación no Congreso

Cabinas nunha peaxe da AP-9. DAVID FREIRE
photo_camera Cabinas en un peaje de la AP-9. DAVID FREIRE

O Goberno central advirte de que se se aplican descontos nas peaxes da autoestrada AP-9 "deberase indemnizar" á concesionaria, Audasa. 

En resposta a unha pregunta da deputada de En Marea Alexandra Fernández no Congreso, o Goberno apunta que a concesionaria pode adoptar bonificacións como "política comercial", pero no que caso de que sexa a Administración a que o decide debe compensar á compañía "cos importes deixados de percibir e aos que ten legalmente dereito polo seu contrato concesional". 

Todo iso, tras o recente aumento de peaxes na AP-9 e mentres o seu traspaso está en tramitación no Congreso, á espera de que se inicien os traballos para levala a cabo. 

Así, o Goberno central recorda que están libres de peaxe os tramos Santiago Norte-Santiago Sur, Pontevedra Norte-Sur, así como Vigo-Teis-Rebullón. 

Tamén indica que se liberaron os tramos entre A Coruña-A Barcala e O Morrazo-Vigo, mentres hai bonificacións no tramo Pontevedra-Vigo con telepeaje ao non cobrarse a volta se se fai no mesmo día. 

Finalmente, en referencia a que a AP-9 volva a mans "públicas", o Executivo afirma que a infraestrutura "xa é de titularidade pública", pero cunha concesión por un determinado prazo. 

Comentarios