Grave tras ser atropelada por un condutor novel que fuxiu dun control en Santiago

O condutor, de 18 anos e que deu positivo en drogas e alcol, tivo un accidente e levou por diante a tres persoas

Zona en la que se empotró el coche del conductor fugado. GOOGLE MAPS
photo_camera Zona en la que se empotró el coche del conductor fugado. GOOGLE MAPS

Unha muller permanece ingresada en estado grave no CHUS logo de ser atropelada por un condutor de 18 anos que fuxía dun control policial instalado na Praza de Galicia compostelán ao fío da medianoite do pasado venres, segundo informaron fontes da Policía Local. 

A vítima foi arroiada polo vehículo cando camiñaba pola beirarrúa da Praza de Ponte Castro xunto á súa parella e a súa filla, que tamén resultaron feridos aínda que de menor consideración. A muller, que evoluciona favorablemente e está fóra de perigo, tivo que ser trasladada de urxencia ao Hospital Clínico, onde foi intervida de feridas graves. 

O condutor, de 18 anos, deuse á fuga para evitar un control de alcoholemia instalado pola Policía Local na Praza de Galicia. Así, emprendeu unha huída por Doutor Teixeiro e, chegado á Praza de Ponte Castro, subiuse á beirarrúa, onde arroiou ás tres vítimas que camiñaban pola rúa. 

Logo do suceso, rexistrado ás 00.10 horas da madrugada do sábado, axentes da Policía Local desprazados ao momento procederon á detención do rapaz, que deu positivo en drogas e alcol. 

O condutor permanece arrestado en dependencias policiais e impútanselle delitos de condución temeraria e contra a saúde pública, xa que os axentes incautáronse de cocaína e haxix que portaba no interior do coche. 

Comentarios