Un home atrinchéirase cunha arma nun piso da Coruña e unha muller resulta ferida grave

Os axentes, que acordoaron a zona, desaloxaron o home e detivérono
Un coche da Policía Nacional. EP
Un coche da Policía Nacional. EP

Unha muller resultou ferida grave na noite deste luns por feridas de arma branca no marco dunha discusión, tras a cal un home se atrincheirou nun piso da Coruña cunha arma de fogo. Finalmente a Policía conseguiu desaloxalo e detelo.

Os feitos ocurrideron na rúa Orillamar, cerca do cemiterio de San Amaro, nunha zona onde se concentran vivendas de protección oficial, segundo informaron a Europa Press fontes municipais. 

O home atrincheirouse nun sexto piso dun edificio e efectuou varios disparos. A muller, con feridas graves, foi trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), onde quedou ingresada. 

Varias patrullas da Policía Nacional trasladáronse ao lugar e foron mobilizados efectivos dos Grupos Operativos Especiais de Seguridade por se fose necesaria a súa intervención. Tamén se alertou a Policía Local, cuxa sede está cerca do lugar. Os axentes acordoaron a zona e pecharon ao tráfico un perímetro de seguridade. 

Os axentes trataron de convencer o home para que depuxese a súa actitude e se entregase. A Policía investiga se os incidentes tiveron a súa orixe nunha discusión familiar, aínda que se descoñecen as circunstancias nas que se produciron os feitos.