O home nunca tivo perigo de afogarse, pero non se podía mover
Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron ata un centro hospitalario a un home que caeu a un regato desde unha altura de dous metros en Boiro (A Coruña), nunha zona de difícil acceso no lugar de Escarabotiño.
O 112 tivo constancia do sucedido a través do aviso dun particular ás 18.15 horas, que indicou que un home caera nun regato e engadía que non tiña perigo de afogarse, pero non se podía mover e solicitaban unha ambulancia.
Así, púxose a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e dos Bombeiros de Boiro. Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de urxencias rescataron ao home, que foi evacuado, finalmente, nunha ambulancia.