Un home resulta ferido ao caer co seu vehículo por un desnivel en Pazos de Borbén

Unha vez liberado foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. TOÑO PARGA (ARCHIVO)

Un home resultou ferido na mañá deste mércores ao caer por un desnivel duns 15 metros cando circulaba co seu vehículo polo lugar de Sequeiros, no municipio pontevedrés de Pazos de Borbén.  Segundo informou o CIAE 112 Galicia, foi un particular o que avisou do accidente sobre as 9.40 horas deste mércores.

A vítima quedou atrapaba no interior do turismo e tivo que ser excarcerada polos bombeiros do Baixo Miño. Tras recibir o aviso, o persoal do CIAE 112 informou, ademais de os citados bombeiros e os de Vigo, os servizos do 061-Urxencias Sanitarias, así como a Garda Civil de Tráfico.  Unha vez liberado, o home foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico.