
Axentes da Garda Civil interceptaron dúas veces no mesmo día un home de nacionalidade portuguesa que conducía unha furgoneta de traballo por Verín baixo os efectos do alcol. Segundo informou o instituto armado, en primeiro lugar, ás 12.30 horas do xoves, efectivos da Garda Civil de Tráfico interceptaron o vehículo e realizaron a proba de alcoholemia ao condutor, que arroxou un resultado positivo de 0,49 mg/l.
Ante estos feitos, conforme indicou a Garda Civil, o home avisou o dono da súa empresa para que recollese o vehículo que pilotaba. Con todo, nun control nas proximidades de Trasmirás, outra patrulla do mesmo destacamento de tráfico volveu interceptar o mesmo condutor coa mesma furgoneta. O home arroxou outro resultado positivo, cunha taxa de 0,37 mg/l.
A Garda Civil informou de que este home fora condenado en tres ocasións coa perda de vixencia do seu permiso de conducir, polo que se trata dun reincidente.