domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Intervidos 48 quilos de marisco a un furtivo en Malpica

O Seprona denunciou un pescador furtivo e interviu 48 quilos de marisco en Malpica, no marco dun operativo encamiñado a erradicar esa actividade na Costa da Morte. Os axentes devolveron ao mar o marisco, que estaba vivo, no porto de Barizo.

Atendendo á información divulgada polo instituto armado, non chegara a pasar pola lonxa como estipula a lexislación, pois case todo —nécoras, lubrigantes e santiaguiños— era marisco en veda. Ademais, o que non estaba afectado por esa prohibición, a centola, atopábase ovado, polo que "tampouco se podía capturar". 

O equipo do Seprona, tras unha "exhaustiva vixilancia", interceptou o vehículo no que se transportaban as capturas, movidas sen o pertinente documento que acreditaría a súa tenza legal. Procedeuse á súa pesaxe e realizouse a denuncia contra o condutor, un veciño de Corme, que foi remitida á Conselleria do Mar. 

Intervidos 48 quilos de marisco a un furtivo en Malpica