Investigadores de Vigo logran reproducir polbo en catividade

Trátase dun fito científico que chega tras 20 anos de investigacións

Imagen de uno de los pulpos. IEO VIGO
photo_camera Imagen de uno de los pulpos. IEO VIGO

Científicos dos centros oceanográficos de Vigo e Tenerife lograron reproducir polbos en catividade tras vinte anos de investigacións sobre o cultivo larvario de polbo común (octopus vulgaris), informou este xoves o Instituto Español de Oceanografía (IEO).

Os investigadores conseguiron mellorar a supervivencia e crecemento das larvas, o que é un fito internacional que contribuirá á explotación comercial desta especie tan demandada polos mercados actualmente, engade o Instituto Español de Oceanografía nun comunicado.

O IEO, adscrito ao Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, alcanzou un logro máis mediante o uso de novas técnicas de cultivo e alimentación consistentes no crecemento das larvas cunha metodoloxía máis rendible e replicable que as utilizadas ata o momento, agrega a nota. 

En canto ao engorde dos xuvenís a adultos leva realizando xa desde hai anos con exemplares capturados no mar.

O polbo común ten un ciclo curto de vida pero con potencial de crecemento, o que o converte nunha especie idónea para o seu cultivo e desenvolvemento en catividade, sinala o IEO.

Na actualidade é un produto moi demandado nos mercados nacionais e internacionais e con moito interese comercial, que provocou un incremento da súa pesca e de estudos e investigacións científicas para domesticar esta e outras especies deste cefalópodo. 

Ademais, é unha especie de gran interese comercial en España e o Mediterráneo e a súa demanda é cada vez maior noutros países como é o caso de Estados Unidos o que, unido ao seu elevado prezo no mercado, fai que sexa un excelente candidato para a diversificación da acuicultura, explica o IEO. Os polbos pasan por diferentes etapas no seu desenvolvemento: ovos, paralarvas, xuvenís e adultos. 

Os ensaios realizados no IEO, baseados nesta patente, melloran os resultados obtidos ata agora no cultivo larvario e conseguiron obter xuvenís cos cales iniciar a fase de engorde ata chegar a adultos.

Recentemente o IEO e Nueva Pescanova asinaron un contrato polo que a empresa ten unha opción preferente de licenza da patente do Instituto Español de Oceanografía sobre estas investigacións.

Con este avance conséguese superar o que ata o momento se consideraba como o principal atranco para o cultivo comercial desta especie. Por iso, os esforzos céntranse agora en obter xuvenís e en estudar a súa viabilidade económica.

Comentarios