Investigan a un veciño de Ourense pola morte de 41 cabras e ovellas

O gandeiro xa fora investigado en 2017 por un delito de abandono de animais

Animales hallados muertos en Piñor. SEPRONA
photo_camera Animais achados mortos en Piñor. SEPRONA

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) investiga a un veciño de Ourense, de 28 anos e con iniciais A.M.B., como presunto autor dun delito de abandono de animais domésticos con resultado de meurte, por non proporcionarlle durante un longo período de tempo, as necesidades básicas de coidado a un rabaño ovino e caprino.

A Garda Civil localizou nunha nave situada na Lama —no municipio de Piñor— 21 animais en avanzado estado de composición e non descarta que en número de reses mortas sexa maior, dado os múltiples restos óseos vos achados no lugar. 

Segundo informou o Seprona, o gandeiro investigado recibiu unha subvención de 22.000 euros dentro das axudas para a incorporación de mozas á actividade agraria e xa fora investigado en 2017 por outro delito de abandono de animais.

    

Comentarios