José Luís Abet, sobre a arma: "Non direi quen ma vendeu"

O revólver foi achado na canle do río Tambre
Investigadores en Cordeiro, en Valga, donde se registró el triple crimen. GONZALO GARCÍA
photo_camera Investigadores en Cordeiro, en Valga, donde se registró el triple crimen. GONZALO GARCÍA

A arma coa que o autor do triplo crime de Valga acabou este luns coa vida da súa exmuller, a súa exsogra e a súa excuñada foi localizada pola Garda Civil na canle do río Tambre. O achado produciuse mercé aos interrogatorios ao investigado, segundo adiantou Diario de Pontevedra.

O Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil atopou o revólver, do calibre 32, á altura do lugar de Ponche Nova, en Ames, xunto a unha caixa de munición.

É a arma coa que José Luís Abet Lafuente, de 45 anos, supostamente mataría ás tres mulleres, un crime que cometeu en presenza dos seus dous fillos menores, de 4 e 7 anos. 

Neses interrogatorias, o asasino confeso non quixo dicir como se fixo coa arma, para a que non tiña licenza. Segundo informa ABC, o revólver procedería do mercado negro portugués, aínda que Abet, segundo algunhas informacións, non diría quen lla vendeu: "Non quero comprometer a ninguén máis"