lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Liberada en Ourense unha muller que chegara a España enganada e era obrigada a prostituírse

Coches da Policía Nacional. DP
Coches da Policía Nacional. DP

A Policía Nacional liberou en Ourense unha muller de orixe colombiana que chegara a España enganada e era obrigada a exercer a prostitución nun piso da cidade. No operativo foron detidas tres persoas —dous homes e unha muller—, acusados de detención ilegal e trata. 

A investigación iniciouse o pasado domingo, cando se recibiu unha chamada do 112 na que se informaba de que unha muller, con número de teléfono estranxeiro, chamara a emerxencias e, en voz baixa e "con medo", contara que "a tiñan secuestrada nun piso de Ourense", do que descoñecía a localización. Os axentes descubriron que a vítima chegara o día anterior desde Bogotá coa promesa de casar cun home para poder regularizar a súa situación en España, contraendo unha débeda de 2.500 euros que "podería pagar facilmente, xa que en España conseguiría traballo". 

Con todo, unha vez no país, a muller foi trasladada a un piso de Ourense, onde dous homes e unha muller que lle dixeron que a súa débeda era de 3.000 euros e que ía pagala "prostituíndose sen saír desa vivenda". 

Tras localizar o piso no que se atopaba retida, os axentes procederon á detención de dous homes, de 38 e 25 anos, e dunha muller, de 45; todos oriúndos de Venezuela. A muller detida atopábase en España en situación irregular, polo que se lle incoou un expediente de expulsión. Un dos homes atopábase de forma regular e ao outro figúralle admitido un trámite para a regularización. 

Liberada en Ourense unha muller que chegara a España enganada e era...
Comentarios