
A custodia da menor foi atribuída ao seu pai e unha orde de protección impide á nai aproximarse ou comunicarse coa nena
A veciña de Ferrol L.O.F.P., de 31 anos, quen supostamente tentou estrangular á súa filla de 10 anos pasou este sábado a disposición do xulgado de garda desta localidade e quedou en liberdade, aínda que non poderá achegarse á menor.
Fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) informaron de que se suspendeu o réxime de custodia compartida, de forma que quedou atribuída ao seu pai a garda e custodia da menor.
Ademais, acordouse unha orde de protección a favor da menor, o que impide que a nai poida aproximarse ou comunicarse con ela.
A muller foi localizada este venres escondida nunha zona de cantiis na parte dereita da praia de Doniños, preto de onde foi achada a nena agredida.
AGRESIÓN. A muller foi achada minutos antes das 11,30 horas deste venres no marco do dispositivo de procura que desde o mércores rastrexaba a zona, no que participaron efectivos da Policía Nacional, Policía Local, bombeiros de Ferrol e un helicóptero.
A procura iniciouse após agredir á súa filla de 10 anos, á que supostamente tentou estrangular, acción que non logrou e que motivou que a nena fóra traslada o mércores a un centro sanitario, onde recibiu as alta horas máis tarde.
O suceso aconteceu no piñeiral de Doniños, unha zona rural de Ferrol, moi próxima ao areal do mesmo nome.
A nena foi atendida nun primeiro momento por dúas persoas que se atopaban paseando pola zona. Foron eles os que deron a voz de alarma e se encargaron de proporcionarlle os primeiros auxilios.