O litoral galego estará en alerta amarela o mércores por ondas de ata cinco metros

Unha fronte activa chegará á comunidade a última hora do día

Se esperan que grandes olas sacudan el litoral. AEP
photo_camera Se esperan olas de hasta cinco metros. AEP

O litoral galego terá este mércores, 6 de febreiro, aviso amarelo por ondas de catro a cinco metros de altura durante a tarde a partir do mediodía. 

Segundo o boletín de Meteogalicia, recollido por Europa Press, as borrascas do Atlántico norte irán xerando ondas que chegarán ao litoral galego durante a tarde deste mércores con alturas superiores aos catro metros. 

Así, a partir das 12,00 horas estará activo o aviso amarelo en todo o litoral galego por mar de fondo do noroeste, con ondas de catro a cinco metros. 

Un fronte a última hora do día
Galicia estará este mércores nunha situación intermedia entre o anticiclón centrado nos Azores e unha profunda borrasca ao sur de Islandia, co que chegará unha fronte pouco activa nas últimas horas do día. Así, as nubes irán en aumento a partir do mediodía con choivas débiles no ooste ao final da xornada.

Comentarios