domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Localizada en Lugo a moza de 15 anos desaparecida desde o mércores en Arteixo

Foi a propia menor quen chamou o seu pai na tarde deste xoves 

A Garda Civil informou de que a moza de 15 anos á que a súa familia buscaba desde a tarde deste mércores, cando desapareceu no municipio coruñés de Arteixo, foi localizada en Lugo.

Segundo concretou o corpo, a menor foi localizada na cidade de Lugo despois de que ela mesma chamase por teléfono ao seu pai.

En concreto, a Garda Civil informou que fora vista por última vez sobre as 18,45 horas do mércores na zona de Pescanova, en Arteixo, cando saíu do seu domicilio para pasear o can.

Con todo, alertados pola súa ausencia, os seus familiares saíron a buscala e atoparon o can atado na rúa, pero nin rastro da nova. 

Localizada en Lugo a moza de 15 anos desaparecida desde o mércores...