A Garda Civil localizou o condutor que se deu á fuga tras atropelar a un peón de madrugada en Nigrán, e investígao penalmente por un suposto delito de lesións.
Trátase dun veciño de Nigrán, de 42 anos de idade, que o pasado luns atropelou a un home mentres circulaba pola Ramallosa, ás 5.40 horas e, posteriormente, fuxiu do lugar. Segundo comprobaron os axentes, a condutor conta con antecedentes "relacionados a seguridade viaria".
As pescudas do Grupo de Investigación e Análise do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra (GIAT) cos "restos do espello retrovisor" do vehículo fuxido que se atoparon no lugar do accidente, permitiron localizar o coche este martes, "cando estaba estacionado nas inmediacións do posto de traballo do suposto autor", en Gondomar.
A Garda Civil trasladou que o condutor que se deu á fuga "tratou de xustificar o seu comportamento alegando que non se decatou do atropelo".
O Xulgado de Instrución de Garda de Vigo encargarase deste suposto delito de lesións, onde deberá comparecer a persoa investigada cando sexa citada.