lunes. 25.10.2021 |
El tiempo
lunes. 25.10.2021
El tiempo

Localizan ao mozo de 19 anos desaparecido en Cambre desde finais de outubro

Sin nombre

SOS Desaparecidos desactivou a alerta pola desaparición de Isaac Emanuel Cañal Adega, un mozo de 19 anos perdido o pasado 30 de outubro no municipio coruñés de Cambre.

A asociacion colgara na mañá deste domingo o cartel para a súa localización en Twitter, pero horas máis tarde desactivou a alerta porque xa foi localizado.

No entanto, continúa a procura de dous mozos dos que nada se sabe desde o pasado luns, 30 de novembro. Segundo os carteis difundidos por SOS Desaparecidos, unha destas persoas é Judit Jiménez Dapena, unha moza de 25 anos desaparecida na parroquia pontevedresa de Mourente.

De acordo coa descrición achegada pola asociación, a moza mide 1,72 metros, ten o pelo negro e ondulado e os seus ollos son de cor castaña.

Ademais, continúa activa a alerta pola desaparición de Aarón Trabazo Ojea, tamén o pasado luns en Pontevedra. Ten 23 anos, mide 1,60, é de complexión delgada, ten tatuaxes e o seu pelo e os seus ollos son de cor castaña.

SOS Desaparecidos fai un chamamento a, se alguén pode achegar información sobre algún destes dous mozos, que chame ás forzas e corpos de seguridade do Estado, ao teléfono 112 ou aos móbiles da asociación 642 650 775 ou 649 952 957.

Localizan ao mozo de 19 anos desaparecido en Cambre desde finais de...
Comentarios