Localizan o cadáver dun home nun regato da parroquia viguesa de Beade 

Descoñécense as circunstancias que rodearon o suceso a espera de que a Policia realice ás investigacións pertinentes

Zona próxima a donde apareció el cadáver flotando en un riachuelo de Vigo. GOOGLE MAPS
photo_camera Zona próxima a donde apareció el cadáver flotando en un riachuelo de Vigo. GOOGLE MAPS

A Policía Nacional investiga as circunstancias da morte dun home de 60 anos, cuxo cadáver foi localizado sen signos de violencia na tarde deste mércores nun regato na parroquia viguesa de Beade

O corpo parece coincidir co dunha persoa cuxa desaparición fora denunciada este martes, segundo informan fontes da Policía Nacional. 

Fontes do 112 confirmaron que foi un veciño quen deu a alerta pouco antes das 18.00 horas, ao avistar un corpo no Regato Barxa, preto da Avenida de Clara Campoamor, á altura do Muíño de Aigón. 

Até alí desprazáronse efectivos de Policía Nacional, Policía Local, e bombeiros. De momento, descoñécense as circunstancias desta morte pero a Policía apunta que o corpo non mostra signos de violencia, pendente da valoración do forense.