Localizan o condutor dun quad que fuxiu tras un accidente en Gondomar

El quad interceptado en Gondomar. GUARDIA CIVIL
photo_camera O quad interceptado en Gondomar. GARDA CIVIL

Axentes da Garda Civil localizaron o condutor dun quad que fuxiu logo de chocar cunha furgoneta en Gondomar. Atendendo á información divulgada polo instituto armado, o accidente, no que a furgoneta rexistrou danos, produciuse este mércores nunha estrada secundaria da parroquia de Vincios.

Apenas dúas horas máis tarde, foi localizado o condutor do quad, de 24 anos, nas inmediacións do seu domicilio, a uns tres quilómetros do lugar do accidente.

O mozo afirmou que saíra dar unha volta polo monte porque se sentía angustiado en casa e alegou no seu descargo que fuxiu porque circulaba sen casco e ademais non efectuara a inspección regulamentaria do vehículo.

Ademais de enfrontarse a unha serie de responsabilidades penais e administrativas por abandonar o lugar do accidente e circular sen casco e sen a ITV, tamén foi denunciado por non respectar as restricións de circulación impostas polo real decreto que regula o estado de alarma.

Comentarios