Villares renova o liderado de En Marea baixo acusacións de fraude electoral

Desde a candidatura de David Bruzos esixiron unha auditoría independente antes da proclamación definitiva dos resultados

Luís Villares. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Luís Villares. PEPE FERRÍN (AGN)

O representante do Comité Electoral de En Marea, Daniel Conde (d), anuncia os resultados. XOÁN REIO portavoz de En Marea, Luís Villares, expresou que, tras a súa vitoria nas primarias do partido instrumental, a nova dirección ten a man tendida "sen ningún tipo de dúbida nin doblez" aos denominados alcaldes do cambio, que apoiaron explicitamente a candidatura perdedora, Entre Todas.

"Esta nova dirección ten a man tendida sen ningún tipo de dúbida nin doblez ás alcaldías e a todos os proxectos municipalistas", expresou Luís Villares en declaracións á Radio Galega recollidas por Europa Press. 

A candidatura Coidando a Casa liderada por Luís Villares venceu nas primarias de En Marea ao lograr case o 60% dos votos polo 40% obtido pola lista do sector crítico, encabezada por David Bruzos. Así o reflicten os resultados provisionais que, á espera da proclamación definitiva, arroxan unha clara vitoria da lista do actual portavoz, que logrou 1.596 votos polos 1.098 da candidatura dos críticos, integrada por Podemos, Anova, EU e as mareas de Santiago, A Coruña e Ferrol. 

Deste xeito, cunha participación do 58% dos ao redor de 4.400 inscritos da organización, a lista de Villares copa 21 dos 35 postos do Consello dás Mareas, máximo órgano de dirección entre plenarios do partido instrumental. Así mesmo, Coidando a Casa tamén logra a totalidade dos cinco postos da Comisión de Garantías. 

A lista perdedora pide unha auditoría
A candidatura perdedora pon en dúbida a limpeza do proceso de votación e reclaman "unha auditoría independente" ante "indicios claros de falta de imparcialidade". 

Ademais, os críticos avanzan que abrirán "un período de reflexión sobre o futuro do espazo" e que "non descartan" tomar medidas legais "pola vulneración dos acordos do plenario do 27 de outubro", no que se aprobou o regulamento das primarias.

Comentarios