Máis de 20.000 xuízos suspendidos tras máis de dous meses de folga de Xustiza

Os sindicatos continúan con actos reivindicativos: en Lugo houbo un xantar solidario

Almorzo solidario dos funcionarios de Xustiza. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Almorzo solidario dos funcionarios de Xustiza. VICTORIA RODRÍGUEZ

A folga da xustiza en Galicia continúa sen data para un novo encontro entre Xunta e sindicatos. Pasados os dous meses e, aínda que o seguimento baixou –a Xunta sitúao no 29,85% (819 persoas) nesta xornada–, os traballadores do sector seguen con actos reivindicativos e continúan sumándose trámites e xuízos aprazados. 

Segundo os datos ofrecidos en Lugo polo responsable de CIG-Xustiza Jesús Sánchez, na provincia suspendéronse máis de 2.000 xuízos e, no conxunto da comunidade "as causas aprazadas roldan as 20.000. 

E é que as consecuencias do paro indefinido salpican tamén aos procedementos penais, véndose obrigada este mesmo martes a Audiencia Provincial a suspender o xuízo contra un sacerdote que estivo á fronte dunha ducia de parroquias da diocese de Mondoñedo-Ferrol pola desaparición de obxectos e reliquias relixiosas. 

Entre tanto, na xornada número 64 da folga, seguen os actos reivindicativos. Por exemplo, os funcionarios de xustiza en Lugo celebraron o seu segundo xantar solidario, co que pretenden ofrecer a recadación a Cáritas Diocesana. 

Sánchez reprobou que a Xunta "pretenda sinalar e criminalizar" aos funcionarios como responsables "da parálise". "Son eles, porque levamos con este conflito desde principios de novembro, que é cando empezamos coas mobilizacións. Levamos cinco meses con este conflito e a Xunta non é capaz de solucionalo por moito que teña un mandato do Parlamento galego", concluíu. 

En Santiago, os traballadores dirixíronse desde os xulgados ata a Praza do Obradoiro con camisetas reivindicativas e unha pancarta contra a "discriminación" laboral a este colectivo. 

Comentarios