Un menor acusa un home de agarralo dun brazo pola rúa

Os investigadores sinalan que non poden descartar ningunha hipótese
Acea de Olga. AEP
photo_camera Acea de Olga. AEP

Axentes da Policía Nacional de Lugo acudiron ao barrio de Acea de Olga despois de que un menor asegurase que un home co que se cruzou pola rúa o agarrara por un brazo. Os feitos ocorreron o pasado día 9, cando o neno, de 12 anos, camiñaba cara ao seu domicilio e, segundo contou, un home de mediana idade acercouse a el e agarroulle un brazo. O menor soltouse e marchouse correndo.

O neno explicou que o home, “duns 50 anos e vestido cun abrigo escuro”, non intentou seguilo nin darlle alcance en ningún momento, senón que unicamente deixou que se marchase.

Cando chegou á súa casa, completamente asustado, contou o sucedido aos seus familiares, que decidiron chamar á Policía Nacional para que investigase se se podería tratarse dun intento de roubo, un caso de exhibicionismo ou simplemente dunha persoa con algún tipo de desequilibrio psicolóxico. Os investigadores sinalan que non poden descartar ningunha hipótese, pero tampouco aprecian indicios de que o home tivese a intención de levar o menor. De feito, os familiares do pequeno puxeron o caso en coñecemento da Policía, pero non presentaron denuncia.

Comentarios