sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Galicia vivirá un mércores con máis nubes canto máis ao norte

La previsión para este miércoles. METEOGALICIA
La previsión para este miércoles. METEOGALICIA
Pola tarde podería haber tormentas no sur de Ourense

Galicia estará durante o mércores baixo influencia anticiclónica, coas altas presións centradas ao suroeste de Irlanda, de forma que se esperan ceos con máis nubes canto máis ao norte, coa posibilidade dalgunha choiva no norte da provincia de Lugo e ceos despexados na metade sur.

Pola tarde aumentarán nubes de evolución, que incluso poden deixar algún chuvasco tormentoso na provincia de Ourense.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordeste, frouxos pola mañá, aumentando en intensidade a moderados pola tarde.

Máximas e mínimas
A Coruña 15° 22°; Ferrol 13° 22°; Lugo 10° 19°; Ourense 11° 25°; Pontevedra 13° 25°; Santiago de Compostela 13° 21°; Vigo 13° 26°. 

Galicia vivirá un mércores con máis nubes canto máis ao norte