Morre un bebé en Vilagarcía de Arousa

Abriuse unha investigación, aínda que os primeiros indicios apuntan a causas naturais

Un bebé de meses faleceu este venres en Vilagarcía de Arousa e abriuse unha investigación de oficio para determinar as causas do deceso, tras comprobar que non había signos de violencia. A primeira hipótese apunta a unha morte súbita.

Fontes policiais indicaron a Efe que o suceso se rexistrou nun edificio da céntrica rúa Cervantes e que a hipótese que se baralla apunta a causas naturais. Ata o lugar desprazáronse Policía Nacional, a funeraria e unha comitiva xudicial, todos provistos de equipos de protección especial.

Tamén, de acordo aos protocolos establecidos pola pandemia do Covid-19, aínda que non haxa constancia de relación algunha entre este tráxico episodio e o virus, foi un equipo de desinfección.