Morre un motorista en Ponteareas tras chocar cun turismo

Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA
photo_camera Oficinas do 112. EMERXENCIAS GALICIA

Un motorista faleceu na tarde deste sábado ao chocar contra un turismo cando circulaba coa súa moto polo lugar de Canedo, en Ponteareas.

O sinistro produciuse pasadas ás 18:30 horas, tal e como indicou a persoa particular que contactou co 112 Galicia para dar conta dun "grave" sinistro nese lugar.

Os xestores do 112 Galicia deron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos axentes da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade. Do mesmo xeito, o persoal do GES- SPEIS de Ponteareas foron informados por fósese necesaria a súa colaboración.

A pesar dos esforzos do persoal sanitario, nada puideron facer por salvarlle a vida.