jueves. 02.12.2021 |
El tiempo
jueves. 02.12.2021
El tiempo

Detido o sospeitoso do apuñalamento mortal de Salceda de Caselas

 Soufian murió en la Praza Maior de Salceda de Caselas.DP
Soufian murió en la Praza Maior de Salceda de Caselas.DP

A vítima era un mozo de 25 anos de Tui, que sufriu a agresión durante unha discusión ás 5.00 da mañá

Soufian Mraha, un mozo de 25 anos natural de Tui faleceu na madrugada do sábado en Salceda de Caselas a consecuencia dunha puñalada con arma branca propinada por un home que, tras a agresión, deuse á fuga e está a ser buscando polas forzas da orde.

O suceso, segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, tivo lugar ao redor das 05.00 horas da madrugada do sábado ás portas dun local de lecer nocturno situado nas inmediacións do concello de Salceda.

Os implicados iniciaron unha discusión no interior do establecemento que continuou fóra do local. Alí, o agresor asestou unha puñalada no costado esquerdo do falecido cunha arma branca e, a continuación, deuse á fuga.

Ata o lugar desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias 061 que trataron de reanimar á vítima sen éxito. O mozo, natural de Tui aínda que residente en Salceda, faleceu no punto a consecuencia da ferida.

A Garda Civil coordina as tarefas de procura do agresor, que aínda non foi localizado. Trátase de identificar a un sospeitoso que coincida coa descrición.

CONSTERNACIÓN NO CONCELLO

Os tres grupos políticos con representación no Concello de Salceda de Caselas (Pontevedra) –Movemento Salceda, Partido Popular e PSOE-– emitiron un comunicado conxunto no que expresan o seu pesar polo crime . 

Os grupos políticos trasladan o seu pesar e ponse a disposición da familia da vítima, natural de Tui aínda que fincado en Salceda; á vez que expresan a súa confianza en que as forzas e corpos de seguridade esclarezan o sucedido "canto antes". 

Tras cualificar o acontecido dun "feito puntual e desgraciado", as tres forzas con representación na corporación reivindican no seu comunicado que Salceda de Caselas "é un concello seguro e tranquilo, e así o reflicten os datos dos informes da Mesa Local de Seguridade". 

Detido o sospeitoso do apuñalamento mortal de Salceda de Caselas