Morre un operario tras sufrir un golpe en Toén

Os feitos tiveron lugar sobre as 17.15 horas na parroquia de Feá

Os servizos médicos de urxencia confirmaron o falecemento este xoves dun home tras sufrir un traumatismo na cabeza mentres traballaba nunha empresa situada no concello ourensán de Toén. 

Os feitos tiveron lugar sobre as 17.15 horas na parroquia de Feá, cando un particular contactou co 112-Galicia para informar o accidente. 

Até a zona desprazáronse efectivos de Protección Civil da localidade, así como do 061, cuxo persoal sanitario non puido facer nada por salvar a vida do home.