Unha muller falece tras caer co seu coche desde o primeiro piso dun garaxe en Celanova

A parede cedeu e o vehículo precipitouse. A vítima tiña 86 anos
El vehículo cayó desde un primer piso. TWITTER (@pgsarria)
photo_camera El vehículo cayó desde un primer piso. TWITTER (@pgsarria)

Unha muller de 86 anos, con identidade B.V.R., faleceu na tarde deste venres en Celanova despois de que a parede dun garaxe cedese e provocase que caese co seu vehículo desde unha altura dun primeiro piso. 

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 18.45 horas da tarde no aparcadoiro dun edifico, na rúa Froilán Barrio Cercado. 

Foron varios particulares os que contactaron co CIAE 112 Galicia para informar o suceso. Indicaban que o vehículo caera á rúa tras ceder a parede. 

Ante iso, os xestores do 112 Galicia alertaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

Ademais, segundo informaron fontes sanitarias, tamén acudiu ao momento unha ambulancia asistencial e persoal da PAC de Celanova. Con todo, a muller faleceu no punto. 

O CIAE 112 tamén informou os Bombeiros da Mancomunidade, á Garda Civil de Tráfico e Policía Local e aos membros de Protección Civil da localidade. 

Comentarios