A muller e a filla de El Chicle van velo a prisión no coche usado no crime de Diana Quer

Trátase dun Alfa Romeo gris co que Abuín tamén intentou raptar a outra moza en Boiro

Rosario Rodríguez y su hija, en el coche utilizado para secuestrar a Diana Quer. ANTENA 3
photo_camera Rosario Rodríguez e a súa filla, no coche utilizado para secuestrar a Diana Quer. ANTENA 3

Rosario Rodríguez, a muller de José Enrique Abuín, alias El Chicle, —autor confeso da morte de Diana Quer— e a filla de ambos, visitárono na prisión da Lama, onde permanece ingresado desde hai case catro meses. 

Segundo explica o programa Espejo Público, Rosario desprazouse ata o penal coa súa filla e a nai de El Chicle no coche que, segundo os investigadores, Abuín utilizou para secuestrar a Diana Quer e trasladala ata a nave de Rianxo onde apareceu o corpo. Trátase dun Alfa Romeo gris que tamén foi utilizaro por El Chicle para intentar raptar a outra moza en Boiro, feito que desencadeou na súa detención.

O vehículo foi devolto a Rosario Rodriguez fai, aproximadamente, dous meses, unha vez analizado por completo polos investigadores.