Multado con mil euros un camioneiro que deu positivo en catro tipos de drogas en Vigo 

Consumira cocaína, anfeteminas, metaanfetaminas e THC (tamén coñecido como tetrahidrocannabinol). 

A Policía Local de Vigo denunciou administrativamente cunha sanción de mil euros e a retirada de seis puntos do carné ao condutor dun camión que deu positivo en catro clases de sustancias estupefacientes tras unha infracción. 

Os feitos producíronse pasadas as 7.00 horas do pasado xoves, cando unha patrulla lle deu o alto ao condutor dun camión na confluencia das rúas Sanjurjo Badía con Doutor Corbal, por non respectar o sinal de límite de tonelaxe en sentido centro cidade. 

Os policías sospeitaron que o condutor circulaba con presenza de drogas no organismo, polo que foi sometido ao test indiciario salival, que deu un resultado positivo en cocaína, anfeteminas, metaanfetaminas e THC (tamén coñecido como tetrahidrocannabinol). 

Por este motivo, o condutor terminou cunha sanción de mil euros por conducir baixo os efectos das drogas, considerado un delito contra a seguridade viaria, e a retirada de seis puntos do permiso de circulación. 

Comentarios