miércoles. 08.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 08.12.2021
El tiempo

Os municipios en alerta vermella baixan a 36

A Coruña, Monforte, O Grove e Soutomaior saen do máximo nivel de risco

A listaxe de municipios en alerta vermella pola pandemia do coronavirus baixou a 36. Isto foi posible grazas á saída da cidade da Coruña, Monforte de Lemos, O Grove e Soutomaior desta situación, á que con todo volveu Cambados por empeorar os seus datos de incidencia da última semana. 

Segundo reflicte este venres o mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade, a provincia de Pontevedra concentra a maioría de concellos en alerta vermella, un total de 17.

Ademais da incorporación de Cambados, continúan neste nivel A Estrada, Lalín, Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, Pontevedra, Poio, Sanxenxo, Marín, Redondela, Vigo, Nigrán, Mos, Ponteareas, O Porriño, Tui e A Guarda. 

Na da Coruña, tras a saída da capital da situación tres, quedan 14 concellos: Ferrol, Narón, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Coristanco, Carballo, Malpica, Ribeira, Ponteceso, Cabana, Vimianzo e Teo. 

Mentres tanto, na provincia lucense quedan en vermello Lugo, Chantada e Vilalba, despois de que Monforte de Lemos pasase ao nivel laranxa; e en Ourense mantéñense dous únicos municipios, Xinzo e Ribadavia. 

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol --máis de 76 casos nunha semana--, Pontevedra --máis de 96--, Lugo --máis de 112-- e Vigo --máis de 332--.

NIVEL LARANXA. En alerta laranxa, é dicir, en situación dúas pola incidencia na última semana, están este venres 26 municipios. En Ourense, tan só quedan a propia cidade das Burgas e O Barco de Valdeorras --Barbadás, A Rúa e Verín melloraron os seus datos e están en amarelo--, mentres que en Lugo son Viveiro, Cervo, Monforte e Sarria. 

Na provincia da Coruña, saíu do nivel laranxa Noia, pero a entrada de Pontedeume, Porto do Son e Boiro por unha maior incidencia da COVID-19 deixa o total de municipios en 13, xunto á Coruña, Fene, Sada, Laxe, Camariñas, Santa Comba, Cee, Ordes, Santiago e Ames. 

Finalmente, en Pontevedra hai sete concellos en situación dúas. Así, tras as saídas da Cañiza e Salvaterra de Miño cara ao nivel amarelo, atópanse en laranxa Cangas, Moaña, Caldas de Reis, O Grove, Soutomaior, Salceda de Caselas e Tomiño. 
 

Os municipios en alerta vermella baixan a 36
Comentarios