A neve regresa este martes a Galicia

A cota situarase na pinza dos 1.000-1.200 metros

Una máquina quitanieves retira nieve de la autovía A-52 a su paso por el municipio orensano de A Gudiña. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Unha máquina quitaneves traballando na autovía A-52 ao seu paso polo municipio ourensán da Gudiña. BRAIS LORENZO (EFE)

Tras unha Semana Santa na que Galicia gozou do mellor tempo de toda a Península, a situación deu un xiro radical. A neve regresa desde o martes.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, trala chegada este luns dunha fronte fría que trouxo de novo as choivas, o martes a comunidade xa queda baixo a influencia completa das baixas presións.

O día estará marcado pola inestabilidade, con ceos nubrados e precipitacións que poderían vir acompañadas de saraiba e tormentas. O aire, do noroeste, será frío e a cota de neve situarase na pinza dos 1.000 e 1.200 metros.

As temperaturas, mentres, descenderán notablemente. No mapa urbano, Lugo queda coa mínima máis fresca (4 graos), a distancia dos 8 de Pontevedra, Santiago ou A Coruña. 

O mércores non se esperan cambios significativos e o xoves continuará a inestabilidade, coa cota tamén ao redor dos 1.000 metros. 

Comentarios