sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

Xuntos Actúa presenta o seu proxecto  "progresista" e con vocación "municipalista"

Xuntos Actúa. FACEBOOK
Xuntos Actúa. FACEBOOK

Dende a formación din estar afastados do que representa En Marea, un proxecto que cren derivado cara "o nacionalismo"

Este sábado tivo lugar a presentación de Xuntos Actúa, novo partido político que nace como expresión en Galicia de Actúa, proxecto auspiciado por persoas como Baltasar Garzón, Federico Maior Zaragoza ou Cristina Almeyda e que lidera a nivel estatal o excoordinador de EU, Gaspar Llamazares. Ferrol foi o lugar elixido para a posta de longo da formación nun sábado no que a cidade ferrolá tamén acolleu o III Encontro Municipalista, que reuniu a un centenar de persoas dunhas 25 mareas locais. 

Xuntos Actúa aglutina a persoas que proceden de formacións como Podemos ou Esquerda Unida críticas co rumbo tomado polas direccións destes partidos e que, segundo un dos seus promotores, Carlos Armada, teñen por obxectivo crear un proxecto "diferente" que pivote sobre as ideas do municipalismo e a loita contra a corrupción. Armada, que encabezaba un dos sectores críticos de Podemos Galicia até a súa saída da organización morada, afirma que "as portas" de Xuntos Actúa permanecen "abertas" a todo aquel que "cumpra" coas ideas mencionadas.

 Así, din estar afastados do que representa En Marea, un proxecto que cren derivado cara "o nacionalismo". Así, Xuntos Actúa fixa como obxectivo presentarse nas próximas eleccións nos municipios nos que consigan crear unha "estrutura estable".

CARLOS DEL RÍO. Un deses concellos será o de Ferrol, onde o expresidente de Ferrol en Común, Carlos del Río, é a cabeza visible e posible candidato á Alcaldía nos comicios de 2019. Del Río foi un dos fundadores de Ferrol en Común pero abandonou a formación hai uns meses polo seu enfrontamento co rexedor ferrolán, Jorge Suárez, ao que, o pasado xoves , acusou de ser o causante de "a destrución da esquerda" na cidade. 

E é que nas próximas eleccións municipais, Ferrol en Común competirá con Xuntos Actúa e Marea de Ferrol, outro proxecto xurdido das diferenzas internas da formación que se fixo co goberno ferrolán en 2015.

ACTO DE PRESENTACIÓN. Carlos Armada destacou o ambiente "cordial" que existiu ao longo da xornada deste sábado, unha cita orientada "aos membros" do partido e ao que se achegou xente procedente de "varias zonas de Galicia", como A Coruña, Lugo, Vigo, Ourense ou Pontevedra. 
Tamén asistiron ás xornadas membros de Actúa doutros puntos de España, como o exconsejero de Vivenda do Goberno vasco, Javier Madrazo (ex de EU) e a deputada do grupo mixto no Parlamento balear Montse Seijas, expulsada de Podemos a finais de 2016 por vulnerar o código ético.

Xuntos Actúa presenta o seu proxecto  "progresista" e con vocación...
Comentarios