
Unha das cousas que trouxo consigo o coronavirus foron as dúbidas e as incertezas. Este sábado Sanidade quixo contribuir a frear esas inquedanzas coa creación dunha infografía na que se detalla de xeito visual todo o protocolo correspondente aos feitos posteriores á realización dun test da covid.
QUEN LLE VAI A COMUNICAR O RESULTADO?
- Resultado positivo: Chamada telefónica do seu médico de familia.
- Resultado negativo: SMS
- Contacto estreito: A Central de Seguimento de Contactos
QUEN LLE VAI REALIZAR O SEGUEMENTO?
- Covid positivo: O seu Centro de Saúde
- Contacto estreito: A Central de Seguimento de Contactos
CANDO DE SE DÁ A ALTA?
- Paciente infectado covid positivo: Será comunicada polo Centro de Atención Primaria
- Sintomáticos: Polo menos dez días de illamento dende o inicio dos síntomas, os últimos tres días sen síntomas e sen tratamento para a infección
- Asintomáticos: Dez días de illamento dende a data da proba
- Persoa contacto estreito: Será comunicada pola Central de Seguimento de Contactos
- Alta aos dez días: Con realización PCR negativa do día dez
- Alta aos catorce días: Sen a realización PCR do día dez
Ademais, a infografía tamén indica aspectos a ter en conta como: se alguén é coidador dunha persoa covid positivo, as condicións de illamento, as condicións de corentena, os obxectivos da corentena, as medida habituais para frear o virus e os teléfonos de contacto para dar conta de problemas ou dúbidas.